Friday 17 de May de 2024

Escolares da E.E.I. Fernández Varela viven unha xornada de marisqueo


Unha vintena de escolares da E.E.I. Fernández Varela tivo neste 27 de maio unha toma de contacto co mundo do marisqueo que arrancou no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal coa explicación por parte dunha das técnicas do Turismo do Concello sobre o desenvolvemento da actividade; exposición que se complementou cunha peza audiovisual sobre o proceso a que son sometidos os bivalvos dende a súa extracción ata que se empregan como produto base de receitas.

Posteriormente, puideron constatar na praia dos Raposiños como se conseguen os recursos marisqueiros do litoral do municipio da man das propias mariscadoras.

Impulsados pola Concellaría do Turismo, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), en colaboración coa Asociación Mar da Pobra, estes obradoiros están destinados a centros educativos de toda Galicia para achegarlles ás novas xeracións o oficio das mariscadoras e fomenta-lo respecto polo mar, polo traballo neste eido e polo medio natural, ao tempo que se contribúe á desestacionalización da demanda turística.